Subcampions
O voleibol Dumbria non puido acadar o titulo de campion galego cadete o perder na final ante o Burgas de Ourense.
O
Burgas Volei proclamouse Campión Galego despois de vencer ao Volei
Dumbría na gran final da Fase Final celebrada o sábado 11 de maio en
Corcubión.
A
xornada matinal do torneo autonómico cumpriu cos prognósticos, e os
dous grandes favoritos fixéronse cos billetes á final. O campión da Fase
Regular e anfitrión da competición, o Voleibol Dumbría e o subcampión
(empatado a puntos) da liga, o Burgas Volei desfixéronse sen problemas
dos seus adversarios en semifinais, IES Ames e Emevé respectivamente,
aos que venceron co mesmo resultado final de 3 a 1.
Tras
o choque polo bronce que gañou o Emevé tras un longo e igualado partido
que se resolveu no tie break, chegou o momento da pulso polo cetro
autonómico entre os dous grandes dominadores da competición na tempada
2012-2013.
Burgas Volei (de negro) e Volei Dumbría (vermello) na recollida de trofeos
A
vantaxe dos dumbrieses no primeiro set, que rematou 25 a 18, parecía
decantar o partido do lado local, sen embargo a reacción dos ourensáns
no segundo parcial (21-25) mudou por completo o rumbo do choque que
chegaría a súa máxima igualdade na terceira manga, a que definiría o
desenlace da final. Despois dun traballadísimo set por parte de ambos
conxuntos a chave do partido quedaría en mans dos ourensáns co 25 a 27
final.
Non
se renderon os da Costa da Morte, e o cuarto segueu a mesma tónica de
igualdade que levara todo o partido. Pero o Burgas Volei foi máis
definitivo que o Voleibol Dumbría nas últimas accións do set e
sentenciou a final 22 a 25, erixíndose como o novo Campión Galego
Cadete.
Desta forma o equipo dumbriés clasificase para o campionato de España que se celebrará en Badajoz do 19 o 23 de xuño.