Disputase en Valladolid do 3 o 6 de xullo o Campionato de España
por Seleccions Autonomicas ( CESA) nas categorias infantil e cadete
tanto masculino coma femenino onde 5 rapaces do Voleibol Dumbria e
Manuela Rial defenderan a camiseta da selección galega.
Na categoria infantil o central Marco Lado e o receptor Unai
Larrañaga debutan o mercores ante Murcia (12:30) para pola tarde xogar
contra Madrid.
Nos cadetes o central Gabriel Trillo, o colocador Manuel Marcote e
o oposto Javier Domínguez debutan ante Madrid para continuar despois
ante Cataluña.
O obxetivo destes rapaces sera mellorar disputando encontros cos
mellores xogadores nacionais da súa idade e intentar mellorar as
clasificacións de anos anteriores.