miércoles, 14 de diciembre de 2011

Victoria das xuvenis

VICTORIA DAS XUVENIS DO VOLEIBOL DUMBRIA
As xuvenis do Voleibol Dumbria acadaron unha importante victoria ante CV Pontevedra por 3 - 1 (25-20/16-25/25-20/25-10) o que lles permite abandonar os postos de descenso na clasificación xeral da Liga Galega. Victoria moi necesaria para levantar a moral das dumbriesas, xa que moitos partidos que perderon o fixeron indo por diante a maior parte dos sets, e víndose a baixo nos tramos finais dos mesmos.
A piques estiveron as infantis do Manuela Rial de sumar outra victoria pero nun partido moi disputado perderon ante Guillerme Brown de Ourense por 2 - 3 (25-20/16-25/15-25/25-16/11-15). Despois dun partido de alternativas o partido decidiuse a favor das orensans no ultimo set onde os nervos xogan un papel case máis importante ca o xogo.
Derrota do equipo cadete femenino do Voleibol Dumbria ante IES Ames por 0 - 3 (10-25/11-25/20-25) onde as locais estan a notar as baixas no equipo.
 Partidos para o fin de semana
Sabado 10:30 h Infantil Femenino Liceo - Manuela Rial en A Coruña
Sabado 12:00 h Cadete Femenino Liceo - Voleibol Dumbria en A Coruña
Sabado 16:00 h Cadete Masculino Boiro - Voleibol Dumbria en Boiro