miércoles, 18 de diciembre de 2013

Victoria das cadetes e derrotas ante os lideres.

 
A xornada comezaba cunha victoria na Zonal cadete femenino do Voleibol Dumbría ante  Naron por  3-0 (25-23, 25-23, 25-17) nun partido ca as dumbriesas foron por debaixo nos primeiros dos sets pero remontaron nos momentos decisivos cometendo menos erros ca o equipo contrario. O tercer set xa foi facil para as xogadoras do Voleibol Dumbria. Con esta victoria rematan a primeira volta cun balance positivo de 4 victoria e unha derrota cas situa na 2º posicion da clasificación xeral.
Nos outros dous partidos os nosos equipos recibian os lideres da categoria e ainda que perderon en todo momento deron a cara. No Xuvenil masculino o equipo do Voleibol Dumbría recibia a visita do CV Vigo, lider sen perder ningun set en toda a liga, e perderon 0-3 (12-25, 29-31, 20-25) pero faltoulles un pouco de sorte no segundo set para romper coa imbatibilidade do cadro olívico, Tendo en conta que o equipo dumbries conta con moitos cadetes e un resultado moi resañable. 
 Na categoria Infantil femenina o equipo do  Manuela Rial -perdeu con Pinguela por 0-3 (12-25, 10-25, 19-25) e ainda cas monfertinas foron superiores as nosas loitaron todo o encontro con intensidade.
Este sabado remata a primeia volta cun desprazamento a Coruña para xogar contra Calasancias no seguinte horario:
10:00 h Xuvenil masculino Calasancias - Voleibol Dumbría 
10:00 h Infantil femenino  Calasancias - Manuela Rial 
11:30 h Xuvenil masculino Calasancias - Voleibol Dumbría 
13:00 h Infantil masculino  Calasancias - Manuela Rial 

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Mantendo a racha


Continuan os bos resultados no voleibol da comarca con outro tres de catro obtido este fin de semana ante o Emeve de Lugo. 
Infantil femenino Manuela Rial-Emeve 3-1 (25-19, 15-25, 25-13, 28-26)
A primeira das victorias foi no partido das infantiles do Manuela Rial nun partido moi disputado no que venceron con comodidade no 1º e 3º set e perderon claramente no 2º. 0 4º a postre decisivo comezo por diante das lucenses e remontada por parte do equipo local e nos ultimos puntos moi axustados o partido decantouse cara as nosas xogadoras. Con este resultado as infantis situanse 5º na clasificación.
 Cadete masculino Voleibol Dumbria-Emeve 3-0 (25-10, 25-18, 25-11)
Victoria clara dos lideres da categoria ante o segundo equipo máis forte da liga. O equipo cadete non fallou e amosou variedade de ataques que non puderon superar os lugueses.
 Infantil masculino Manuela Rial-Emeve 3-0 (25-11, 25-17, 25-17)
Victoria clara tamen dos infantis que amosaron un equipo máis acoplado e ben disposto cos de Lugo.
Xuvenil masculino Voleibol Dumbria-Emeve 0-3 (22-25, 12-25, 20-25)
A derrota da xornada chegou das mans dos xuvenis que so competiron no 1º set pero o bloqueo local non foi capaz de parar o ataque visitante e marcharon no marcador con claridade-
Este fin de semana largo so hai un partido o que disputaran as infantis do Manuela Rial en Pontevedra o sabado 7 as 16:30 h. 
Xornadas de adestramento das seleccións galegas
Esta ponte aproveitase para ter a primeira toma de contacto cos rapaces para preparar os equipos galegos en vista do Campionato de España por seleccións Autonómicas que se disputara en Semana Santa.
Nesta convocatoria adestraran en Noia as infantiles Natalia Lado e Marta Cespón e os cadetes Manuel Marcote, David Redonda, Marco Lado, Gabriel Trillo, Juan Bautista Marcote, Alberto Sampedro, Samuel Sambade, Javier Rey e Xabier Pérez. En Lugo adestraran os infantis do Manuela Rial Unai Larrañaga e Manuel Costa.