miércoles, 18 de diciembre de 2013

Victoria das cadetes e derrotas ante os lideres.

 
A xornada comezaba cunha victoria na Zonal cadete femenino do Voleibol Dumbría ante  Naron por  3-0 (25-23, 25-23, 25-17) nun partido ca as dumbriesas foron por debaixo nos primeiros dos sets pero remontaron nos momentos decisivos cometendo menos erros ca o equipo contrario. O tercer set xa foi facil para as xogadoras do Voleibol Dumbria. Con esta victoria rematan a primeira volta cun balance positivo de 4 victoria e unha derrota cas situa na 2º posicion da clasificación xeral.
Nos outros dous partidos os nosos equipos recibian os lideres da categoria e ainda que perderon en todo momento deron a cara. No Xuvenil masculino o equipo do Voleibol Dumbría recibia a visita do CV Vigo, lider sen perder ningun set en toda a liga, e perderon 0-3 (12-25, 29-31, 20-25) pero faltoulles un pouco de sorte no segundo set para romper coa imbatibilidade do cadro olívico, Tendo en conta que o equipo dumbries conta con moitos cadetes e un resultado moi resañable. 
 Na categoria Infantil femenina o equipo do  Manuela Rial -perdeu con Pinguela por 0-3 (12-25, 10-25, 19-25) e ainda cas monfertinas foron superiores as nosas loitaron todo o encontro con intensidade.
Este sabado remata a primeia volta cun desprazamento a Coruña para xogar contra Calasancias no seguinte horario:
10:00 h Xuvenil masculino Calasancias - Voleibol Dumbría 
10:00 h Infantil femenino  Calasancias - Manuela Rial 
11:30 h Xuvenil masculino Calasancias - Voleibol Dumbría 
13:00 h Infantil masculino  Calasancias - Manuela Rial 

No hay comentarios:

Publicar un comentario