miércoles, 22 de octubre de 2014

Victoria do Voleibol Dumbria no seu debut en seniors



Estreaba categoria o Voleibol Dumbria en seniors e o fixo da meior maneira, con unha contundente victoria ante o CV Pontevedra por 1-3 (13-25/17-25/25-19/18-25).
Dende o principio a superioridade do equipo dumbries foi patente no terreo de xogo xa na recepción e no ataque o que permitiu coller ventaxa e mantener durante os primeiros sets. No terceiro set o adestrador Luis Alberto Fernández deu paso a xogadores menos habituais o que permitiu que o conxunto pontevedres collera ventaxa, ainda que neste set que foron capaces de remontar nos intres finais cometeron erros que permitiu o equipo visitante sumar un set.
No derradeiro set o equipo do Voleibol Dumbria mantivo a superioridade e ganou o partido. Destacaron en ataque Javier Domínguez e David Redonda. Polo Voleibol Dumbria xogaron: Manuel Marcote, David Redonda, Marco Lado, Sergio Oca, Pablo Touriñan, Javier Domínguez e Unai Larrañaga coma líbero. Tamen xogaron Alejandro Fernández, Juan Carballo e David Blanco.
No resto de categorias todo foron derrotas:
Cadete femenino:
CV Pontevedra - Voleibol Dumbria 3-0
Liceo- Voleibol Dumbria 3-0
Infantil femenino
Cv Pontevedra - Manuela Rial 3-1
Liceo - Manuela Rial 3-0
Este sabado no Conco:
11:00 l Xuvenil Masculino Voleibol Dumbria-San Sadurniño
12:30 l Cadete Masculino Voleibol Dumbria-San Sadurniño

lunes, 20 de octubre de 2014

Sen sorpresas no debut na Liga Galega.
Este sabado comezaron as Ligas Galegas de voleibol e o equipo Infantil femenino do Manuela Rial perdeu contra Teis 0- 3 ( 9-25, 6-25, 3-25). O  infantil é un equipo novo é notou a sua pouca experiencia ante un Teis moi rodado e forte en ataque.
O Cadete femenino do Voleibol Dumbria tamen enfrentabase a Teis e perdeu por 0-3 ( 7-25, 25-27, 7-25). O equipo cadete recuperou a praza de Galega por unha renuncia e notou a falta de preparación ante o Teis é so pudo plantar batalla no segundo set onde dispuso de puntos de set. De seguido xogaron contra Cambados e acadaron a primeira victoria da tempada nun partido que comezaron con ventaxa pero acusaron o cansancio do partido anterior e sufriron para ganar no tie-break por 3-2 (25-17, 25-23, 12-25, 15-25, 15-13).
O domingo os rapaces do Cadete masculino Voleibol Dumbria vencian a CV Vigo por 3-0 ( 25-18, 25-11, 25-22) nun partido de clara superioridade nun equipo onde as novas incorporacións foron collendo contacto coa categoria.
Por ultimo o Xuvenil masculino do Voleibol Dumbria perdeu ante CV Vigo 0-3 ( 14-25, 14-25, 22-25) un equipo no que xogan moitos dos seus xogadores en Superliga2. Pese a difilcutade do rival o equipo xuvenil fallou moito na recepción e so se aproximou o equipo vigues no terceiro set.
Este sabado xoga o equipo senoir por primeira vez na corta historia do Voleibol Dumbria en Pontevedra as 19:00 h.
O resto dos partidos son os seguintes:
Sabado 18
Infantil femenino CV Pontevedra-Manuela Rial 10:00 h
Cadete femenino CV Pontevedra-Voleibol Dumbria 12:00 h
Infantil femenino Liceo-Manuela Rial 18:00 h
Cadete femenino Liceo-Voleibol Dumbria 19:30 h