miércoles, 8 de febrero de 2012

Os infantis imparables

Victoria do infantil do Manuela Rial ante Calasancias.
No enfrentamento cos coruñeses do Calasancias a única victoria foi dos infantis do Manuela Rial que continuan invictos na Liga Galega. Costoulles entrar no partido pero unha vez co fixeron demostraron a súa superioridade. O partido tamen serviu para darlles minutos os menos habituais que estiveron en bo nivel. 
Infantil masculino: Calasancias-  Manuela Rial 1 - 3 (27-25/16-25/15-25/14-25)
Disputado esta sendo a Liga Galega cadete masculina, xa que a excepcion do lider Vigo entre os demais equipos predomina a igualdade e da lugar a partidos moi disputados que se deciden no 5º set coma o que disputaron  Calasancias e Voleibol Dumbría a favor dos herculinos por 3 - 2 (25-21/24-26/17-25/25-21/15-10). Tanta igualdade non permite dilucidar ata a ultima xornada que 4 equipos disputaran o titulo nas semifinais e finais. O dumbrieses ocupan a 4º praza igualados con dous equipos máis.
 Nas rapazas derrotas sen moita batalla xa que as nosas non creen nas súas posibilidades e se presentan sen ambición.
Xuvenil femenino:  Calasancias-Voleibol Dumbría 3 - 0 (25-23/25-17/25-20 )   
Cadete femenino: - Calasancias-Voleibol Dumbría 3 - 0 (25-17/25-22/25-15)
Infantil femenino: Calasancias- Manuela Rial 3 - 0 (25-15/25-19/25-8 )

Este domingo no pabillón de Dumbria:

Cadete femenino: Voleibol Dumbría
-Teis de Vigo 10:30 h
Infantil masculino: Manuela Rial-Teis de Vigo 10:30 h
Infantil femenino: Manuela Rial -Teis de Vigo 12:00 h
Xuvenil femenino:  Voleibol Dumbría-Teis de Vigo 12:00 h