miércoles, 11 de febrero de 2015

Duas victorias e catro derrotas ante Calasancias



Xuvenil masculino Voleibol Dumbria -Calasancias 3-2 (22-25, 17-25, 25-20, 25-23, 16-14)
Partido axustado marcado pola ausencia do central Javier Domínguez que o equipo dumbries empezo por detras no marcador nos primeiros sets, pero uns cambios nas posicións dos xogadores por parte do adestrador propicio unha reacción do equipo que deu lugar a remontar o partido ainda que con sofremento.

Cadete masculino Voleibol Dumbria -Calasancias 3-0 (25-22, 25-12,25-16)
Victoria dos cadetes ante un equipo coruñes bo defensivamente pero limitado no ataque que o equipo dumbries fixo valer a súa superioridade na rede.

Cadete femenino Voleibol Dumbria -Calasancias 0-3 (10-25,9-25,18-25)
Mal partido das cadetes que non superaron o saque das coruñesas e non puderon loitar e ningun momento polo partido.

Cadete femenino Voleibol Dumbria -CV Pontevedra 0-3 (21-25,10-25,23-25)
Máis entonadas afrontaron este partido aprazado pero sen chegar a ganar un set que permitiria que entraran no partido.

Infantil femenino Manuela Rial -Calasancias 0-3 (20-25, 18-25, 14-25)
Melloria das infantis no xogo pero ainda queda bastante para disputar os encontros.

Infantil masculino Manuela Rial -Calasancias 0-3 (12-25, 17-25, 19-25)
Progresión tamén dos infantis, pero lonxe de poñer en apuros os coruñeses.

Este sabado as chicas desprazanse a Cambados no seguinte horario:
Infantil femenino 11:30 h Cambados - Manuela Rial
Cadete femenino 13:00 h Cambados - Voleibol Dumbria

Seleccións en Dumbria
O descanso da categoria masculina o aproveitan os adestradores da selección galega para xuntar os equipos infantil e cadete masculino nas instalacións do Conco durante tres dias dende o domingo ata o martes.
Para esta convocatoria estan chamados os cadetes Marco Lado e Unai Larrañaga e o infantil Xabier Larrañaga.
Esta selección prepara o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputara en Valladolid do 8 o 12 de Abril.
Na foto os xogadores nº 1, 8 e 15

miércoles, 21 de enero de 2015

Victoria axustada os seniors e clara dos cadetes



Senior 2ª Voleibol Dumbria - Pontevedra 3-2 (23-25,25-12,25-18,17-25,15-13)

Victoria in extremis no Conco do equipo seniors nun partido axustado que se decidio no tie-break do quinto set. O partido empezou cun dominio dos pontevedreses e con moitos erros non forzados dos locais que decantaron este primer set para os e fora. Despertaron os dumbrieses no segundo e no terceiro set e ganaron con claridade. Reaccionaron os de Pontevedra no cuarto set e adiantaronse no quinto, e cando parecia que escapaban os puntos unha reaccion sobre todo no bloque e na defensa permitiron a victoria local.

Cadete masculino Voleibol Dumbria - Naron 3-0 (25-16,25-21,25-6)
Victoria clara dos cadetes que aproveito o adestrador local para dar xogo os menos habituais e repartir minutos.

Cadete femenino Voleibol Dumbria - Liceo 1-3 (10-25,25-18,7-25,14-25)
Conseguiron as locais arañar un set ante un forte equipo que sempre pode vir ben para os desempates.

Infantil femenino Manuela Rial - Liceo 0-3 (1-25, 6-25, 1-25)
Derrota clara das infantis ante o potente equipo coruñes lider claro do campionato

Infantil femenino Manuela Rial - Pontevedra 0-3 (20-25,8-25,19-25)I
Melloraron de actitude o equipo local ante o equipo pontevedres e apretaron para poder conseguir algun set ainda que non o conseguiron.


Este fin de semana viaxan a San Sadurniño os cadetes e os xuvenis.