miércoles, 11 de febrero de 2015

Duas victorias e catro derrotas ante Calasancias



Xuvenil masculino Voleibol Dumbria -Calasancias 3-2 (22-25, 17-25, 25-20, 25-23, 16-14)
Partido axustado marcado pola ausencia do central Javier Domínguez que o equipo dumbries empezo por detras no marcador nos primeiros sets, pero uns cambios nas posicións dos xogadores por parte do adestrador propicio unha reacción do equipo que deu lugar a remontar o partido ainda que con sofremento.

Cadete masculino Voleibol Dumbria -Calasancias 3-0 (25-22, 25-12,25-16)
Victoria dos cadetes ante un equipo coruñes bo defensivamente pero limitado no ataque que o equipo dumbries fixo valer a súa superioridade na rede.

Cadete femenino Voleibol Dumbria -Calasancias 0-3 (10-25,9-25,18-25)
Mal partido das cadetes que non superaron o saque das coruñesas e non puderon loitar e ningun momento polo partido.

Cadete femenino Voleibol Dumbria -CV Pontevedra 0-3 (21-25,10-25,23-25)
Máis entonadas afrontaron este partido aprazado pero sen chegar a ganar un set que permitiria que entraran no partido.

Infantil femenino Manuela Rial -Calasancias 0-3 (20-25, 18-25, 14-25)
Melloria das infantis no xogo pero ainda queda bastante para disputar os encontros.

Infantil masculino Manuela Rial -Calasancias 0-3 (12-25, 17-25, 19-25)
Progresión tamén dos infantis, pero lonxe de poñer en apuros os coruñeses.

Este sabado as chicas desprazanse a Cambados no seguinte horario:
Infantil femenino 11:30 h Cambados - Manuela Rial
Cadete femenino 13:00 h Cambados - Voleibol Dumbria

Seleccións en Dumbria
O descanso da categoria masculina o aproveitan os adestradores da selección galega para xuntar os equipos infantil e cadete masculino nas instalacións do Conco durante tres dias dende o domingo ata o martes.
Para esta convocatoria estan chamados os cadetes Marco Lado e Unai Larrañaga e o infantil Xabier Larrañaga.
Esta selección prepara o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputara en Valladolid do 8 o 12 de Abril.
Na foto os xogadores nº 1, 8 e 15

No hay comentarios:

Publicar un comentario