miércoles, 14 de diciembre de 2011

Victoria das xuvenis

VICTORIA DAS XUVENIS DO VOLEIBOL DUMBRIA
As xuvenis do Voleibol Dumbria acadaron unha importante victoria ante CV Pontevedra por 3 - 1 (25-20/16-25/25-20/25-10) o que lles permite abandonar os postos de descenso na clasificación xeral da Liga Galega. Victoria moi necesaria para levantar a moral das dumbriesas, xa que moitos partidos que perderon o fixeron indo por diante a maior parte dos sets, e víndose a baixo nos tramos finais dos mesmos.
A piques estiveron as infantis do Manuela Rial de sumar outra victoria pero nun partido moi disputado perderon ante Guillerme Brown de Ourense por 2 - 3 (25-20/16-25/15-25/25-16/11-15). Despois dun partido de alternativas o partido decidiuse a favor das orensans no ultimo set onde os nervos xogan un papel case máis importante ca o xogo.
Derrota do equipo cadete femenino do Voleibol Dumbria ante IES Ames por 0 - 3 (10-25/11-25/20-25) onde as locais estan a notar as baixas no equipo.
 Partidos para o fin de semana
Sabado 10:30 h Infantil Femenino Liceo - Manuela Rial en A Coruña
Sabado 12:00 h Cadete Femenino Liceo - Voleibol Dumbria en A Coruña
Sabado 16:00 h Cadete Masculino Boiro - Voleibol Dumbria en Boiro

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Nova xornada

VICTORIAS DOS E DAS INFANTIS DO MANUELA RIAL
A xornada por terra pontevedresas saldouse con duas victorias e tres derrotas. Os que non fallaron foron os infantis do Manuela Rial que conseguiron unha nova victoria ante Teis de Vigo por 0 - 3 (13-25/24-26/16-25). Desta forma acaban a primeira volta coma lideres invictos.
A outra victoria veu da man das infantis do Manuela Rial ante Cambados por 0 - 3 (14-25/22-25/11-25). Importante victoria das ceenses, que as coloca en mitade da taboa. As pequenas do Manuela Rial están a facer unha gran tempada, xa que a maior parte do equipo está formado por xogadoras de categoría alevín que afrontan a súa primeira competición, nada máis e nada menos, que na Liga Galega Infantil.
As derrotas chegaron nas xuvenis do Voleibol Dumbria ante Cambados 3 - 0 (25-23/25-22/25-14), que non foron quen de gañar ningún set, tras ir vencendo comodamente os dous primeiros. As cadetes caeron polo mesmo resultado ante Cambados 3 - 0 (25-10/25-12/25-6) nun equipo que está a sufrir nesta categoría pola baixa de 4 xogadoras por diferentes motivos.
Os cadetes do Volei Dumbría perderon ante CV Vigo 3 - 0 (25-7/25-16/25-15). Os dumbrieses nada puderon facer ante o potente líder da categoría, filial do equipo de Superliga.

Este fin de semana non hai xornada de liga por mor dos adestramentos das seleccións galegas nas categorias cadetes e infantis. Os adestramentos seran o sabado e domingo en Noia para os cadetes e en Lugo para os infantis. Para estes adestramentos convocarón a Javier Domínguez do Voleibol Dumbria na categoria cadete e os infantis do Manuela Rial David Redonda, Manuel Marcote e Unai Larrañaga. Estes xogadores intentaran gañar unha plaza no equipo para disputar o Campionato de España por Autonomias que se disputara en abril en Lloret del Mar.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Seleccións galegas

7 XOGADORES DA COMARCA CONCÉNTRANSE COAS SELECCIÓNS GALEGAS DE VOLEIBOL
O domingo día 20 terá lugar a segunda xornada de adestramentos das diferentes Seleccións Galegas de voleibol en categorías inferiores, e de novo os nosos deportistas están convocados para adestrar coa élite do voleibol galego. Destas convocatorias saldrán os seleccionados para representar a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
4 xogadores do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee desprazaranse ata Lugo para adestrar coa Selección Galega Infantil masculina. Os convocados son o ceense Manuel Marcote, Xavier Pérez natural do Pindo, o corcubionés David Redonda e o alevín dumbriés Unai Larrañaga. Desta maneira os xogadores do Manuela Rial ven recompensada a gran campaña que están a facer ata o momento na Liga Galega, xa que de momento a lideran sen perder ningún partido.
O Voleibol Dumbría aportará os 3 restantes, todos en categoría cadete. A corcubionesa Ana Trinidad acudirá a Lugo para adestrar coa Selección Galega cadete femenina mentres que o corcubionés Javier Domínguez e Juan Carballo, natural de Arcos en Mazaricos, desprazarnse ata Noia para adestrar coa Selección Galega cadete masculina. Estos 3 deportistas xa teñen experiencia coa Selección Galega xa que Ana participou nun Campionato de España Infantil e os dous chicos afrontan a súa terceira campaña consecutiva acudindo os adestramento da Selección e formando parte do convinado infantil que participou nos dous últimos Campionatos de España.
En canto a xornada ligueira, despois dun fin de semana de parón para os nosos representantes, volve ó Pavillón  Municipal  Dumbriés con 3 partidos de Liga Galega. Ás 10:30 xogaranse os encontros Manuela Rial - AD Pinguela de Monforte en infantil femenino e Voleibol Dumbría - AD Pinguela de Monforte en xuvenil femenino. Ás 12:00 xogarase o partido cadete entre Voleibol Dumbría - AD Pinguela de Monforte.

jueves, 3 de noviembre de 2011

JORNADA 4 LIGAS GALLEGAS

Este fin de semana, nuestros representantes en las Ligas Gallegas de voleibol se enfrentarán el sábado día 5 al Calasancias de A Coruña.
Los infantiles intentarán seguir invictos y conservar así la primera plaza, mientras que los cadetes intentarán vencer a un rival directo para la clasificación final para participar en el Campeonato Gallego.
En el apartado femenino las infantiles intentarán hacer un buen papel y seguir progresando, ya que la mayoría son alevines. Las cadetes intentarán dar la sorpresa y las juveniles conseguir su primera victoria.
Los partidos se jugarán en la mañana del sábado.

jueves, 27 de octubre de 2011

PARTIDOS 29 DE OCTUBRE

El próximo 29 de octubre se disputará la 3ª jornada de la Liga Gallega de voleibol, y en esta ocasión nos tocará madrugar para jugar en Orense.
La salida será a las 7:00 de la mañana desde la estación y los horarios de los partidos son los siguientes:
Juvenil femenino, infantil femenino e infantil masculino a las 10:00
Cadete femenino y cadete masculino a las 11:30

Seleccións galega infantis

CINCO XOGADORES DE MANUELA RIAL NA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL
O dia 1 de Novembro as seleccións galegas infantis femenina e masculina adestran na Sagrada Familia da Coruña e cinco compoñentes do equipo de Voley do Manuela Rial participarán nese adestramento. A representante femenina será Izaskun Qinteiro e no masculino David Redonda, Manuel Marcote, Xavier Perez e Unai Larrañaga. Destes adestramentos seleccionarán os representantes da selección galega que participarán nos Campionatos de España por Comunidades Autonómicas ala por Semana Santa.

jueves, 20 de octubre de 2011

Seleccións Galegas

TRES XOGADORES DO VOLEIBOL DUMBRIA NAS SELECCIÓNS GALEGAS
 
A liga de voleibol fai un parón este fin de semana para posibilitar os adestramentos das seleccións galegas cadetes masculinas e femeninas para preparar os campionatos de España por autonomias. Nestos adestramentos participarán tres xogadores do Voleibol Dumbria Javier Dominguez, Juan Carballo na masculina e Ana Trinidad no femenina. Os adestramentos serán o domingo para os chicos en Noia  e as chicas en Lugo.

miércoles, 19 de octubre de 2011

2º jornada

Victorias do infantil masculino do Manuela Rial
Nunha xornada completa con sete partidos de volei que se disputaron nesta xornada os nosos equipos acadaron 3 victorias e 4 derrotas. Dúas das victorias foron a cargo do equipo infantil masculino do Manuela Rial de forma clara ante Santa Mª del Mar por 3-0 (25-10, 25-16, 25-21) e ante o Emeve de Lugo por  3-1 (25-22, 25-19, 19-25, 25-15). Con estes resultados o equipo colocase coma lider da súa competición.
O equipo cadete masculino do  Voleibol Dumbria acadou a outra victoria ante Santa Mª del Mar por 3-0 (25-19, 25-14, 25-19) nun partido moi claro para os dumbrieses. Este equipo estivo a piques de completar a xornada con outra victoria ante o Emeve de Lugo, pero non pudo rematar a remontada nun partido moi competido que acabo perdendo no ultimo set 2-3 (11-25, 23-25, 25-22, 25-19, 11-15).
No que respecta as chicas no seu enfrentamento cun dos equipos máis fortes de Galicia non puideron conseguir ningunha victoria ante o Emeve de Lugo. As derrotas das infantis e xuvenis foron claras e no caso do cadete femenino do Voleibol Dumbria presentaron batalla nun bo partido  1-3 (24-26, 25-19, 18-25, 17-25).
Xuvenil femenino Voleibol Dumbria-Emeve 0-3 (15-25,19-25,20-25)
 Infantil femenino Manuela Rial--Emeve  0-3 (6-25, 13-25, 16-25)
Na próxima xornada os nosos equipos non xogan xa que se deten a competición por mor de que se celebran xornadas de adestramentos das Seleccións Galegas na que esperamos contar con alguns representantes da nosa bisbarra.

martes, 4 de octubre de 2011

horario dos adestramentos

Martes no pavillón de Dumbria as 19:00 h Cadete e xuvenil.
Mercores no colexio as 17:30 h benxamin, alevin e infantil.
Xoves no colexio as 17:30 h alevin e infantil.
Venres no pavillón de Dumbria 19:00 h Cadete e xuvenil.

jueves, 22 de septiembre de 2011

ENTRENAMIENTOS

No mes de setembro adestramos todolos equipos martes e venres en Dumbria as 7.
Proximamente publicaremos os dias de adestramento para toda a tempada.

miércoles, 21 de septiembre de 2011