miércoles, 30 de noviembre de 2011

Nova xornada

VICTORIAS DOS E DAS INFANTIS DO MANUELA RIAL
A xornada por terra pontevedresas saldouse con duas victorias e tres derrotas. Os que non fallaron foron os infantis do Manuela Rial que conseguiron unha nova victoria ante Teis de Vigo por 0 - 3 (13-25/24-26/16-25). Desta forma acaban a primeira volta coma lideres invictos.
A outra victoria veu da man das infantis do Manuela Rial ante Cambados por 0 - 3 (14-25/22-25/11-25). Importante victoria das ceenses, que as coloca en mitade da taboa. As pequenas do Manuela Rial están a facer unha gran tempada, xa que a maior parte do equipo está formado por xogadoras de categoría alevín que afrontan a súa primeira competición, nada máis e nada menos, que na Liga Galega Infantil.
As derrotas chegaron nas xuvenis do Voleibol Dumbria ante Cambados 3 - 0 (25-23/25-22/25-14), que non foron quen de gañar ningún set, tras ir vencendo comodamente os dous primeiros. As cadetes caeron polo mesmo resultado ante Cambados 3 - 0 (25-10/25-12/25-6) nun equipo que está a sufrir nesta categoría pola baixa de 4 xogadoras por diferentes motivos.
Os cadetes do Volei Dumbría perderon ante CV Vigo 3 - 0 (25-7/25-16/25-15). Os dumbrieses nada puderon facer ante o potente líder da categoría, filial do equipo de Superliga.

Este fin de semana non hai xornada de liga por mor dos adestramentos das seleccións galegas nas categorias cadetes e infantis. Os adestramentos seran o sabado e domingo en Noia para os cadetes e en Lugo para os infantis. Para estes adestramentos convocarón a Javier Domínguez do Voleibol Dumbria na categoria cadete e os infantis do Manuela Rial David Redonda, Manuel Marcote e Unai Larrañaga. Estes xogadores intentaran gañar unha plaza no equipo para disputar o Campionato de España por Autonomias que se disputara en abril en Lloret del Mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario