miércoles, 16 de noviembre de 2011

Seleccións galegas

7 XOGADORES DA COMARCA CONCÉNTRANSE COAS SELECCIÓNS GALEGAS DE VOLEIBOL
O domingo día 20 terá lugar a segunda xornada de adestramentos das diferentes Seleccións Galegas de voleibol en categorías inferiores, e de novo os nosos deportistas están convocados para adestrar coa élite do voleibol galego. Destas convocatorias saldrán os seleccionados para representar a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
4 xogadores do colexio Manuela Rial Mouzo de Cee desprazaranse ata Lugo para adestrar coa Selección Galega Infantil masculina. Os convocados son o ceense Manuel Marcote, Xavier Pérez natural do Pindo, o corcubionés David Redonda e o alevín dumbriés Unai Larrañaga. Desta maneira os xogadores do Manuela Rial ven recompensada a gran campaña que están a facer ata o momento na Liga Galega, xa que de momento a lideran sen perder ningún partido.
O Voleibol Dumbría aportará os 3 restantes, todos en categoría cadete. A corcubionesa Ana Trinidad acudirá a Lugo para adestrar coa Selección Galega cadete femenina mentres que o corcubionés Javier Domínguez e Juan Carballo, natural de Arcos en Mazaricos, desprazarnse ata Noia para adestrar coa Selección Galega cadete masculina. Estos 3 deportistas xa teñen experiencia coa Selección Galega xa que Ana participou nun Campionato de España Infantil e os dous chicos afrontan a súa terceira campaña consecutiva acudindo os adestramento da Selección e formando parte do convinado infantil que participou nos dous últimos Campionatos de España.
En canto a xornada ligueira, despois dun fin de semana de parón para os nosos representantes, volve ó Pavillón  Municipal  Dumbriés con 3 partidos de Liga Galega. Ás 10:30 xogaranse os encontros Manuela Rial - AD Pinguela de Monforte en infantil femenino e Voleibol Dumbría - AD Pinguela de Monforte en xuvenil femenino. Ás 12:00 xogarase o partido cadete entre Voleibol Dumbría - AD Pinguela de Monforte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario