viernes, 21 de noviembre de 2014

DERROTA DO SENIORS

Primeira derrota do equipo senior do Voleibol Dumbría en segunda división fronte o líder da categoría o CV Noia por 1-3 con parciais de 25-22/17-25/16-25/13-25, nun partido no que en ningún momento do encontro os xogadores da Costa da Morte mostraron o seu mellor nivel de xogo, influenciados quizás pola baixa do seu colocador Manuel Marcote.
Chegaban os 2 equipos invictos ó choque que se disputou o domingo día 16 ás 10:30 no Pavillón Municipal de Dumbría, onde se enfrentaba a xuventude do equipo local e debutante na categoría, fronte a veteranía dun histórico da máxima competición autonómica e favorito ó título.
Adiantabase o equipo dumbriés no primeiro set, onde predominaron os erros sobre os acertos, pero pouco durou a alegría xa que a partir do segundo set, os noieses apretaron no saque facendo errar á recepción do equipo local e dificultando o ataque dumbriés. Esto repetiríase o longo de todo o encontro, e o equipo dumbriés non era quen de atacar con facilidade e tampouco era capaz de frenar os ataques noieses nin no bloqueo nin na defensa dos seus xogadores zagueros.
Así pois haberá que esperar o seguinte encontro, que será o domingo día 30 a partir das 10:00 fronte o CV Boiro, para intentar conseguir unha nova victoria.

Liga Gallega Cadete Masculino

O equipo do Voleibol Dumbría tivo xornada dobre, o sabado perdia 3-0 (25-18/29-27/25-22) con Oleiros e o domingo ganaba 3-0 (25-9/25-8/25-11) a Rianxo. Este equipo non esta a demostrar o potencial do grupo e amosa moitas debilidades que ainda queda tempada para correxir.

Liga Gallega Cadete Femenino

Victoria das cadetes do Voleibol Dumbria no seu desprazamento a Ourense para enfrentarse a Dompa por 0-3 (9-25/15-25/13-25) nun partido no que as dumbriesas foron moi superiores no saque o que decanto o partido claramente.

Liga Gallega Infantil masculino

O equipo do Manuela Rial perdeu ante Oleiros o equipo que lidera a clasificación por 3-0 (25-15/25-6/25-16) nun partido no que os locais foron moi superiores no remate que os nosos non poderon responder.

Liga Gallega Infantil femenino

As pequenas do Manuela Rial perderon o sabado ante Oleiros por 3-0 () e o domingo ante Noia por 3-0 (12-25/9-25/19-25) nun equipo en progresión que esta notando a pouca experiencia das súas xogadoras.

Este domingo no Conco.
10:30 h Cadete femenino Voleibol Dumbria - Emeve
12:00 h Infantil masculino Manuela Rial - Emeve

miércoles, 22 de octubre de 2014

Victoria do Voleibol Dumbria no seu debut en seniors



Estreaba categoria o Voleibol Dumbria en seniors e o fixo da meior maneira, con unha contundente victoria ante o CV Pontevedra por 1-3 (13-25/17-25/25-19/18-25).
Dende o principio a superioridade do equipo dumbries foi patente no terreo de xogo xa na recepción e no ataque o que permitiu coller ventaxa e mantener durante os primeiros sets. No terceiro set o adestrador Luis Alberto Fernández deu paso a xogadores menos habituais o que permitiu que o conxunto pontevedres collera ventaxa, ainda que neste set que foron capaces de remontar nos intres finais cometeron erros que permitiu o equipo visitante sumar un set.
No derradeiro set o equipo do Voleibol Dumbria mantivo a superioridade e ganou o partido. Destacaron en ataque Javier Domínguez e David Redonda. Polo Voleibol Dumbria xogaron: Manuel Marcote, David Redonda, Marco Lado, Sergio Oca, Pablo Touriñan, Javier Domínguez e Unai Larrañaga coma líbero. Tamen xogaron Alejandro Fernández, Juan Carballo e David Blanco.
No resto de categorias todo foron derrotas:
Cadete femenino:
CV Pontevedra - Voleibol Dumbria 3-0
Liceo- Voleibol Dumbria 3-0
Infantil femenino
Cv Pontevedra - Manuela Rial 3-1
Liceo - Manuela Rial 3-0
Este sabado no Conco:
11:00 l Xuvenil Masculino Voleibol Dumbria-San Sadurniño
12:30 l Cadete Masculino Voleibol Dumbria-San Sadurniño

lunes, 20 de octubre de 2014

Sen sorpresas no debut na Liga Galega.
Este sabado comezaron as Ligas Galegas de voleibol e o equipo Infantil femenino do Manuela Rial perdeu contra Teis 0- 3 ( 9-25, 6-25, 3-25). O  infantil é un equipo novo é notou a sua pouca experiencia ante un Teis moi rodado e forte en ataque.
O Cadete femenino do Voleibol Dumbria tamen enfrentabase a Teis e perdeu por 0-3 ( 7-25, 25-27, 7-25). O equipo cadete recuperou a praza de Galega por unha renuncia e notou a falta de preparación ante o Teis é so pudo plantar batalla no segundo set onde dispuso de puntos de set. De seguido xogaron contra Cambados e acadaron a primeira victoria da tempada nun partido que comezaron con ventaxa pero acusaron o cansancio do partido anterior e sufriron para ganar no tie-break por 3-2 (25-17, 25-23, 12-25, 15-25, 15-13).
O domingo os rapaces do Cadete masculino Voleibol Dumbria vencian a CV Vigo por 3-0 ( 25-18, 25-11, 25-22) nun partido de clara superioridade nun equipo onde as novas incorporacións foron collendo contacto coa categoria.
Por ultimo o Xuvenil masculino do Voleibol Dumbria perdeu ante CV Vigo 0-3 ( 14-25, 14-25, 22-25) un equipo no que xogan moitos dos seus xogadores en Superliga2. Pese a difilcutade do rival o equipo xuvenil fallou moito na recepción e so se aproximou o equipo vigues no terceiro set.
Este sabado xoga o equipo senoir por primeira vez na corta historia do Voleibol Dumbria en Pontevedra as 19:00 h.
O resto dos partidos son os seguintes:
Sabado 18
Infantil femenino CV Pontevedra-Manuela Rial 10:00 h
Cadete femenino CV Pontevedra-Voleibol Dumbria 12:00 h
Infantil femenino Liceo-Manuela Rial 18:00 h
Cadete femenino Liceo-Voleibol Dumbria 19:30 h

domingo, 21 de septiembre de 2014

CALENDARIO 2014-2015

Xa temos calendario das ligas galegas e segunda.
XORNADA DATA 2º DIVISION XUVENIL M CADETE M INFANTIL M INFANTIL F
11/10/14 ------- VIGO VIGO ------- TEIS
18/10/14 PONTEVEDRA ------- ------- ------- PONTEVEDRA
25/10/14 ------- SANSA SANSA ------- MONFORTE
01/11/14 LUGO LUGO LUGO LUGO LUGO
08/11/14 ------- CALASANCIAS CALASANCIAS CALASANCIAS CALASANCIAS
15/11/14 NOIA ------- RIANXO ------- NOIA
22/11/14 ------- AMES OLEIROS OLEIROS OLEIROS
29/11/14 BOIRO BOIRO BOIRO BOIRO -------
06/12/14 ------- ------- ------- ------- CAMBADOS
10º 13/12/14 CARBALLO ------- SANTA MARIA ------- LICEO
11º 20/12/14 OURENSE OURENSE OURENSE OURENSE OURENSE
12º 10/01/15 ------- VIGO VIGO ------- TEIS
13º 17/01/15 PONTEVEDRA ------- ------- ------- PONTEVEDRA
14º 24/01/15 ------- SANSA SANSA ------- MONFORTE
15º 31/01/15 LUGO LUGO LUGO LUGO LUGO
16º 07/02/15 ------- CALASANCIAS CALASANCIAS CALASANCIAS CALASANCIAS
17º 21/02/15 NOIA ------- RIANXO ------- NOIA
18º 28/02/15 ------- AMES OLEIROS OLEIROS OLEIROS
19º 07/03/15 BOIRO BOIRO BOIRO BOIRO -------
20º 14/03/15 ------- ------- ------- ------- CAMBADOS
21º 21/03/15 CARBALLO ------- SANTA MARIA ------- LICEO
22º 28/03/15 OURENSE OURENSE OURENSE OURENSE OURENSE

sábado, 30 de agosto de 2014

ADESTRAMENTOS

SETEMBRO ( DUMBRIA)

Martes e Xoves 19:00 h

A PARTIR DE OUTUBRO

Martes e Xoves  17:30 h ( Colexio) dende prebenxamins a infantis

Venres 18:00 h (  Dumbria) dende prebenxamins a infantis

Mercores 18:00 h ( Dumbria) Cadetes a Seniors

Venres 19:00 h ( Dumbria) Cadetes a Seniors


lunes, 25 de agosto de 2014

TEMPADA 2014-2015

CAMPÚS DE VOLEY
Comezamos a tempada ofertando un campús de voley para todo aquel xogador/a que quera xogar a voley nesta nova tempada. O campús celebrarase no Conco a partir das 10:30 h do sabado 30 durante todo o dia tendo a nosa disposición a piscina e a comida. Queremos dende aqui invitar a todo o que quera xogar a este deporte que pase pola instalacións do Conco o sabado.
A partir do martes 2 comezaran os adestramentos. Este ano temos a pretensión de sacar un equipo en categoria senior.
Animadevos!

viernes, 28 de febrero de 2014

TERCERA XORNADA CONSECUTIVA DE PLENO DE VICTORIAS

Continua a boa racha de resultados do voleibol da comarca e por terceira vez consecutiva acadaron triunfos en todos os encontros disputados. Neste caso enfrentabanse o domingo a maña a Rianxo en cadetes e Cambados en infatis.
Cadete masculino Voleibol Dumbria - Rianxo 3-0 (25-13, 25-9, 25-12)
Victoria outra vez máis facil e sen demasiada historia dos cadetes que amosaron a súa superioridade en todas as facetas do xogo.
 Infantil femenino Manuela Rial - Cambados 3-2 (25-21, 25-10, 14-25, 22-25, 15-10)
Máis sofrida foi a victoria das infantis do Manuela Rial ante Cambados despois dun primer set intenso que puderon decantar para o seu lado e dun segundo set facilmente ganado no terceiro baixaron a concentración e pereron o set claramente. No cuarto foron por detras todo o partido pero non puderon achegarse o equipo pontevedres. No set decisivo erraron menos ca equipo contrario e acadaron unha merecid victoria. Destacar o papel de Natalia Lado no servicio e no campo levando o equipo cara adiante nos momentos máis complicados.
Seleccións galegas e pequenos.
Este fin de semana descansa o campionato nas ligas galegas para que as seleccións adestren para preparar o Campionato de España por Seleccións Autonómicas que se celebrara en Valladolid despois de Semana Santa.
A seleción cadete adestrada por Eloy Mahía adestrará en Dumbria os días 2, 3, e 4 de marzo en nela participaran catro xogadores do Voleibol Dumbria: o colocador Manuel Marcote, o receptor David Redonda e os centrais Gabriel Trillo e Marco Lado.
A selección infantil masculina adestrada por Diego Taboada adestrará en Lugo dos días 3, 4 e 5 de marzo e contara coa participación do receptor do Manuela Rial Unai Larrañaga.
Tamen xogarase a 4º xornada a modo concentración das categorias benxamin e alevin en Noia o vindeiro sabado a partir as 10.00 h.

sábado, 22 de febrero de 2014

PLENO DE VICTORIAS
Despois da anterior xornada plena de victorias os equipos de voleibol da bisbarra volveron a repetir nesta xornada.
Cadete femenino :
Naron Volea - Voleibol Dumbria 2-3 (25-15/16-25/25-17/20-25/7-15)
San Sadurniño - Voleibol Dumbria 1-3 (25-15/6-25/8-25/12-25 )
Aproveitaron as cadetes a viaxe a terras ferrolanas para asegurar a segunda posición na clasificación con duas victorias; pola maña ante o equipo de Naron nun partido cheo de alternativas que se decidiu no tie-break onde as dumbriesas mostraronse máis acertadas no set final e
pola tarde victoria ante San Sadurniño no que despois dun 1º set a moi baixo nivel despertaron e acadaron a victoria nos seguintes tres set de forma facil baseandose nun potente servicio.
Cadete masculino:
San Sadurniño - Voleibol Dumbria 0-3 (10-25/19-25/12-25 )
Non fallaron os lideres invictos da súa categoria noutro partido sen demasiada complicación para o equipo adestrado por Luis Alberto que bota a faltar un rival que presente máis batalla para poder competir e mellorar.
Xuvenil masculino:
San Sadurniño - Voleibol Dumbria 0-3 (19-25/19-25/15-25 )
Victoria dos xuvenis nun partido máis disputado ca anterior onde o ataque dumbries acadou puntos importantes nos momentos decisivos de cada set.
Infantil femenino:
Manuela Rial - Dompa de Ourense 3-0 (25-19/25-16/25-13)
Victoria das infantis do Manuela Rial ante o colista da categoria no que vendo a superioridade o adestrador aproveito para dar xogo as menos habituais. 
Pequenos en Noia
Xogouse unha nova xordada a modo concentración en Noia cos seguintes resultados: Victorias dos alevins ante Noia e Ames, derrotas das alevins ante Noia e victorias dun dos equipos benxamins ante Lousame e Rianxo e derrotas doutro equipo ante Boiro e Rianxo.

Nova xornada o domingo.

10:30 h Cadete masculino Voleibol Dumbria - Rianxo
12:00 h Infantil femenino Manuela Rial - Cambados

jueves, 30 de enero de 2014

Importante victoria das infantis do Manuela Rial

.
Bo partido do equipo infantil do Manuela Rial ante o Noia,  un equipo situado por riba na clasificación,  por  3 - 1 (21-25/25-21/25-17/26-24) nun partido moi disputado. 
Comezo o encontro con moitos fallos por parte do equipo local na linea de saque e na rede o que permitiu o equipo noies adiantarse no primer set sen facer demasiado.
No segundo set correxiron os erros de saque e empezaron a atacar as debilidades do equipo contrario o que permitiu unha vantaxe comoda que so se viu atacada nun momento de baixon que tivo o equipo, pero que superaron e conseguiron o set. O tercer set foi na mesma dinamica co segundo e o equipo do Manuela foi superior en todo el. No 4º a relaxación do equipo fixo que perdera intensidade e permitiu que o equipo noies se adiantara faclimnete no marcador ata conseguir unha ventaxa de 15-21. Neste intre cando todo apuntaba a ter que xogar un quinto e definitivo set un par de saques acertados e un par de boas xogadas acercaron o marcador e os nervos apareceron no equipo contrario que permitiu unha remontada e unha victoria que situa o equipo na 7º posición da liga galega.
Menos historia, polo menos no deportivo, ten a derrota do Voleibol Dumbria xuvenil en Vigo ante o CV Vigo por 3-0 (25-10, 25-13, 25-17). Por distintas circunstancias de pabellons anegados na ciudade olivica este partido acabou disputandose as 11:30 h da noite, pero o equipo dumbries non deu a talla que se exise ante o lider da categoria que ten xogadores que participan na Superliga (maxima categoria estatal) e perdeu de forma rapida.
Este fin de semana disputanse 6 encontros:
Venres 31:
Zonal Cadete femenino en Dumbria:
18:30 h Voleibol Dumbria - Xiria Gestiber
20:00 h Voleibol Dumbria - Xiria Urbieta
Sabado 1 en Boiro:
10:30 h Infantil femenino Boiro-Manuela Rial e Cadete masculino Boiro - Voleibol Dumbria
12:00 h Infantil masculino Boiro-Manuela Rial e Xuvenil masculino Boiro - Voleibol Dumbria
infantil femenino.jpg

martes, 21 de enero de 2014

2 VICTORIAS E 2 DERROTAS NO INICIO DA 2º VOLTA


Comeza a segunda volta da Liga Galega de Voleibol con duas victorias e outras tantas derrotas.
Infantil masculino: Santa M ª del Mar - Manuela Rial 1 - 3 (25-18/15-25/16-25/19-25)
Empezou o partido con superioridade coruñesa, pero cando os nosos minimizaron o numero de erros e se centraron acadaron unha importante victoria que afasta o equipo rival da loita polo 2º posto. Destacar o acerto de Unai Larrañaga no saque e remate.
Cadete masculino Santa Mª del Mar - Voleibol Dumbria 0 - 3 (6-25/6-25/11-25)
Victoria contundente dos lideres da categoria cadete que amosaron a superioridade que reflexa o marcador no terreo de xogo. Partido facil que aproveito o adestrador dumbries para probar diversas opcións de xogo.
Xuvenil masculino IES Ames - Voleibol Dumbria 3-2 (25-22/19-25/23-25/28-26/20-18) Derrota nun partido axustado que ben podia decidirse para o lado dumbries xa que dispuseron de 4 "bolas de partido" que non superon aproveitar. Os nosos fallaron en defensa e bloqueo, e non fixeron dano co saque.
Infantil femenino Liceo- Manuela Rial 3-0 (25-11/25-14/25-14)
Derrota clara das infantis ante un equipo coruñes moi superior en todalas facetas do xogo.
Este fin de semana os horarios quedan asi:
Sabado 18:
16:30 h Infantil femenino Manuela Rial - Teis
18.00 h Cadete masculino Voleibol Dumbria - Teis
Domingo 19:
10:00 h Cadete femenino CV Santiago - Voleibol Dumbria