miércoles, 22 de octubre de 2014

Victoria do Voleibol Dumbria no seu debut en seniors



Estreaba categoria o Voleibol Dumbria en seniors e o fixo da meior maneira, con unha contundente victoria ante o CV Pontevedra por 1-3 (13-25/17-25/25-19/18-25).
Dende o principio a superioridade do equipo dumbries foi patente no terreo de xogo xa na recepción e no ataque o que permitiu coller ventaxa e mantener durante os primeiros sets. No terceiro set o adestrador Luis Alberto Fernández deu paso a xogadores menos habituais o que permitiu que o conxunto pontevedres collera ventaxa, ainda que neste set que foron capaces de remontar nos intres finais cometeron erros que permitiu o equipo visitante sumar un set.
No derradeiro set o equipo do Voleibol Dumbria mantivo a superioridade e ganou o partido. Destacaron en ataque Javier Domínguez e David Redonda. Polo Voleibol Dumbria xogaron: Manuel Marcote, David Redonda, Marco Lado, Sergio Oca, Pablo Touriñan, Javier Domínguez e Unai Larrañaga coma líbero. Tamen xogaron Alejandro Fernández, Juan Carballo e David Blanco.
No resto de categorias todo foron derrotas:
Cadete femenino:
CV Pontevedra - Voleibol Dumbria 3-0
Liceo- Voleibol Dumbria 3-0
Infantil femenino
Cv Pontevedra - Manuela Rial 3-1
Liceo - Manuela Rial 3-0
Este sabado no Conco:
11:00 l Xuvenil Masculino Voleibol Dumbria-San Sadurniño
12:30 l Cadete Masculino Voleibol Dumbria-San Sadurniño

No hay comentarios:

Publicar un comentario