martes, 2 de julio de 2013

5 rapaces da bisbarra coa Selección en Valladolid.


Disputase en Valladolid do 3 o 6 de xullo o Campionato de España por Seleccions Autonomicas ( CESA) nas categorias infantil e cadete tanto masculino coma femenino onde 5 rapaces do Voleibol Dumbria e Manuela Rial defenderan a camiseta da selección galega.
Na categoria infantil o central Marco Lado e o receptor Unai Larrañaga debutan o mercores ante Murcia (12:30) para pola tarde xogar contra Madrid.
Nos cadetes o central Gabriel Trillo, o colocador Manuel Marcote e o oposto Javier Domínguez debutan ante Madrid para continuar despois ante Cataluña.
O obxetivo destes rapaces sera mellorar disputando encontros cos mellores xogadores nacionais da súa idade e intentar mellorar as clasificacións de anos anteriores.