jueves, 31 de octubre de 2013

DERROTA 3-1 DAS INFANTÍS EN NOIA

Este pasado sábadodía 26 as nosas infantís desprazábanse a Noia en busca da primeira victoria na presente tempada da Liga Galega. As rapazas dirixidas por Gurutz Larrañaga non tiveron o seu mellor día e perderon por 3-1 con parciais de 25-19, 14-25, 25-16 e 25-19.

No primeiro set empezaron perdendo cun parcial de 0-7 que ainda que logo melloraron no xogo sería un lastre demasiado importante para poder remontar. No segundo set as nosas cativas foron moi superiores como refrexa o marcador e o gañaron sen ningún problema. Sería o inicio do terceiro set cando baixaron o seru rendemento e o igual que no cuarto e último set non foron capaces de deter o saque da xogadora local Moledo que levaría o marcador dende o punto 18 ata o 25 e dende o 17 ata o 24. Ós erros en recepción hai que añadirlle os numerosos erros no saque co cal as noiesas puntuaban con suma facilidade.

Para este sábado día 2 as infantís enfrontaranse o Boiro a partir das 11:30 en busca da súa primeira victoria ante un rival, que o final da liga pode ser directo.

Seguinte xornada:

Este sábado día 2 disputaranse un total de 4 partidos no Pavillón Municipal de Dumbría:
-10:00 Infantil masculino: Manuela Rial - Boiro
-10:00 Juvenil masculino: Voleibol Dumbría - Boiro
-11:30 Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Boiro
-11:30 Infantil femenino: Maneual Rial - Boiro

miércoles, 23 de octubre de 2013

UNHA VICTORIA E UNHA DERROTA EN VIGO

 
A viaxe a Vigo saldouse cunha victoria dos cadetes e una derrota das infantis.
Cadete masculino Teis- Voleibol Dumbría 0-3 (14-25/14-25/19-25)
Victoria fácil para os dumbrieses que dominaron o encontro en todas as facetas do partido o que aproveito o adestrador para probar alternativas no xogo .Con esta victoria o equipo mantense na cabeza da clasificación. 
Infantil femenino Teis- Manuela Rial Mouzo 3-0 (25-22/25-17/25-23)
Partido igualado pese a ventaxa demostrada polas viguesas no resultado final, xa que as xogadoras do Manuela non aproveitaron as ventaxas que tuveron no marcador e nos momentos decisivos do partido non superon competir coma facia falta.
 
Este fin de semana as infantis do Manuela Rial viaxan a Noia para enfrentarse o conxunto noies o sábado as 11:00 h para intentar conseguir a primeira victoria da tempada.

miércoles, 16 de octubre de 2013

BO DEBUT DOS NOSOS EQUIPOS NAS LIGAS GALEGAS

Este pasado sábado día 12 dabase o pistoletazo de saída ás diferentes Ligas Galegas, no renovado Pavillón Municipal de Dumbría, cun total de 4 encontros. Os resultado non foron nada malos para os nosos, cun balance de 3 victorias e unha soa derrota.

INFANTIL FEMENINO

As nosas xogadoras do Manuela Rial enfrentabanse  ás 10:30 ante o equipo coruñés do Liceo, un dos equipos máis fortes da categoría, e pese a facer un bo partido acabaron perdendo por 0-3 (15-25, 18-25, 12-25).

INFANTIL MASCULINO

Os infantis do Manuela Rial debutaban na liga ante Santa Mª del Mar nun encontro de inicio de tempada con moitos erros polos dous bandos que o acierto dos nosos nos momentos decisivos de cada set permitiu sumar a primeira victoria da tempada por 3-1 (25-15, 25-23, 25-27, 25-20).

CADETE MASCULINO

Bo debut tamén do equipo cadete do Voleibol Dumbria ante Santa Mª del Mar cunha victoria clara por 3-0 (25-12, 25-16, 25-15) onde o equipo local foi superior ainda que non xogou o nivel desexado.

XUVENIL MASCULINO

Victoria tamén clara dos xuvenis do Voleibol Dumbria ante Ames por 3-0 (25-18, 25-18, 25-17) nun partido que os nosos foron moi superiores na rede ainda que foi un partido disputado e entretido.

miércoles, 9 de octubre de 2013

ESTE SABADO COMEZA A TEMPADA DE VOLEY


O voleibol costeiro volve este sábado día 12 de outubro á bisbarra ó remozado
 Polideportivo Municipal de Dumbria con catro partidos da Liga Galega.
Esta tempada participamos cun total de 4 equipos na máxima categoría a nivel autonómico:
As infantís do Manuela Rial, debutan este ano na casa ante o equipo coruñés do Liceo, coa aspiración de mellorar as clasificacións dos anos anteriores, xa que é un equipo rodado nesta categoría, ainda que para este primer partido terán un dos equipos fortes da competición, que non llo pondrán nada doado.
Os infantís do Manuela Rial parten co obxetivo de tomar contacto coa categoría,
pois tratase dun equipo inexperto e totalmente renovado, ainda que non descartan clasificarse para a fase final do Campionato Galego. Este sábado buscarán a primeira victoria ante o Santa María del Mar, terceiro clasificado a tempada pasada.
Os cadetes do Voleibol Dumbría debutan ante os coruñeses do Santa María del Mar. O obxetivo de este equipo é loitar por clasificarse para a fase final do Campionato Galego e pelexar polo título de Campións Galegos.
Os Xuvenís reciben o IES Ames. O obxetivo desta tempada é clasificarse para a fase final do Campionato Galego, inda que non será nada sinxelo nunha Liga, onde a priori, haberá un gran número de equipos cun nivel moi similar. Este será un partido ,ante un rival que pode ser directo á hora de buscar esta clasificación.
Horario dos partidos para este sábado:
Infantil femenino 10:30 h Manuela Rial - Liceo
Cadete masculino 10:30 h Voleibol Dumbria- Santa Mª del Mar
Infantil masculino 12:00 h Manuela Rial- Santa Mª del Mar
Xuvenil masculino 12:00h Voleibol Dumbría - IES Ames

martes, 1 de octubre de 2013

ADESTRAMENTOS

A partir do mes de Outubro os adestramentos quedan da seguinte forma:
Martes e Xoves de 17: 30-19:00 no Colexio.
Mercores de 18:00-19:30 en Dumbria
Venres de 19:00-21:00 en Dumbria.
Ánimo e a adestrar con ganas.