miércoles, 16 de octubre de 2013

BO DEBUT DOS NOSOS EQUIPOS NAS LIGAS GALEGAS

Este pasado sábado día 12 dabase o pistoletazo de saída ás diferentes Ligas Galegas, no renovado Pavillón Municipal de Dumbría, cun total de 4 encontros. Os resultado non foron nada malos para os nosos, cun balance de 3 victorias e unha soa derrota.

INFANTIL FEMENINO

As nosas xogadoras do Manuela Rial enfrentabanse  ás 10:30 ante o equipo coruñés do Liceo, un dos equipos máis fortes da categoría, e pese a facer un bo partido acabaron perdendo por 0-3 (15-25, 18-25, 12-25).

INFANTIL MASCULINO

Os infantis do Manuela Rial debutaban na liga ante Santa Mª del Mar nun encontro de inicio de tempada con moitos erros polos dous bandos que o acierto dos nosos nos momentos decisivos de cada set permitiu sumar a primeira victoria da tempada por 3-1 (25-15, 25-23, 25-27, 25-20).

CADETE MASCULINO

Bo debut tamén do equipo cadete do Voleibol Dumbria ante Santa Mª del Mar cunha victoria clara por 3-0 (25-12, 25-16, 25-15) onde o equipo local foi superior ainda que non xogou o nivel desexado.

XUVENIL MASCULINO

Victoria tamén clara dos xuvenis do Voleibol Dumbria ante Ames por 3-0 (25-18, 25-18, 25-17) nun partido que os nosos foron moi superiores na rede ainda que foi un partido disputado e entretido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario