miércoles, 9 de octubre de 2013

ESTE SABADO COMEZA A TEMPADA DE VOLEY


O voleibol costeiro volve este sábado día 12 de outubro á bisbarra ó remozado
 Polideportivo Municipal de Dumbria con catro partidos da Liga Galega.
Esta tempada participamos cun total de 4 equipos na máxima categoría a nivel autonómico:
As infantís do Manuela Rial, debutan este ano na casa ante o equipo coruñés do Liceo, coa aspiración de mellorar as clasificacións dos anos anteriores, xa que é un equipo rodado nesta categoría, ainda que para este primer partido terán un dos equipos fortes da competición, que non llo pondrán nada doado.
Os infantís do Manuela Rial parten co obxetivo de tomar contacto coa categoría,
pois tratase dun equipo inexperto e totalmente renovado, ainda que non descartan clasificarse para a fase final do Campionato Galego. Este sábado buscarán a primeira victoria ante o Santa María del Mar, terceiro clasificado a tempada pasada.
Os cadetes do Voleibol Dumbría debutan ante os coruñeses do Santa María del Mar. O obxetivo de este equipo é loitar por clasificarse para a fase final do Campionato Galego e pelexar polo título de Campións Galegos.
Os Xuvenís reciben o IES Ames. O obxetivo desta tempada é clasificarse para a fase final do Campionato Galego, inda que non será nada sinxelo nunha Liga, onde a priori, haberá un gran número de equipos cun nivel moi similar. Este será un partido ,ante un rival que pode ser directo á hora de buscar esta clasificación.
Horario dos partidos para este sábado:
Infantil femenino 10:30 h Manuela Rial - Liceo
Cadete masculino 10:30 h Voleibol Dumbria- Santa Mª del Mar
Infantil masculino 12:00 h Manuela Rial- Santa Mª del Mar
Xuvenil masculino 12:00h Voleibol Dumbría - IES Ames

No hay comentarios:

Publicar un comentario