jueves, 31 de octubre de 2013

DERROTA 3-1 DAS INFANTÍS EN NOIA

Este pasado sábadodía 26 as nosas infantís desprazábanse a Noia en busca da primeira victoria na presente tempada da Liga Galega. As rapazas dirixidas por Gurutz Larrañaga non tiveron o seu mellor día e perderon por 3-1 con parciais de 25-19, 14-25, 25-16 e 25-19.

No primeiro set empezaron perdendo cun parcial de 0-7 que ainda que logo melloraron no xogo sería un lastre demasiado importante para poder remontar. No segundo set as nosas cativas foron moi superiores como refrexa o marcador e o gañaron sen ningún problema. Sería o inicio do terceiro set cando baixaron o seru rendemento e o igual que no cuarto e último set non foron capaces de deter o saque da xogadora local Moledo que levaría o marcador dende o punto 18 ata o 25 e dende o 17 ata o 24. Ós erros en recepción hai que añadirlle os numerosos erros no saque co cal as noiesas puntuaban con suma facilidade.

Para este sábado día 2 as infantís enfrontaranse o Boiro a partir das 11:30 en busca da súa primeira victoria ante un rival, que o final da liga pode ser directo.

Seguinte xornada:

Este sábado día 2 disputaranse un total de 4 partidos no Pavillón Municipal de Dumbría:
-10:00 Infantil masculino: Manuela Rial - Boiro
-10:00 Juvenil masculino: Voleibol Dumbría - Boiro
-11:30 Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Boiro
-11:30 Infantil femenino: Maneual Rial - Boiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario