miércoles, 30 de enero de 2013

O infantil afianza o liderato

 
O equipo infantil masculino do Manuela Rial acadou unha comoda victoria ante Rianxo pese a escasez de efectivos polas lesións de varios xogadores por 3-0 (25-12/25-9/25-11), pero a noticia estivo na sorprendente derrota do segundo que afianza o equipo ceense coma lider da categoria cunha ventaxa que pode ser importante.
Victoria dos cadetes do Voleibol Dumbria ante o Ames por 3-0 (25-20/25-21/25-18) nun partido no que os dumbrieses apretaron nos momentos decisivos do set.
As rapazas enfrentabanse nestas ultimas xornadas os equipos máis fortes da liga e o estan padecendo con serias derrotas. O infantil femenino perdeu 0-3 (9-25/8-25/8-25) e o cadete femenino por 0-3 (7-25/7-25/16-25) ante Liceo. A partir desta xornada comeza a xogar cos equipos da súa liga e esperemos que melloren os resultados.
Este fin de semana os chicos desprazanse a San Sadurniño e as rapazas a Cambados.
Sabado 2
15:30 h Cadete Masculino Sansa-Voleibol Dumbria
19:30 h Xuvenil Masculino Sansa-Voleibol Dumbria
Domingo 3
10:30 h Infantil femenino Cambados- Manuela Rial
12:00 h Cadetel femenino Cambados- Voleibol Dumbria
Nas categorias inferiores os equipos do Manuela Rial benxamin e alevin acadaron un pleno de victorias.

miércoles, 23 de enero de 2013

A canteira segue funcionando

 
Comezou a liga para as categorias alevins e benxamins do volei do Manuela Rial na fase zonal e colleitaron moitas victorias. Os alevins venceron a Padrón e Boiro, as alevins a Rianxo, Ames e Lousame e os benxamins venceron a Lousame e Boiro e perderon co Rianxo. Estes partidos permiten que os máis pequenos aprendan e disfruten co volei.
 
 
No resto de categorias dúas victorias e dúas derrotas. Victorias a conta dos rapaces e derrotas das rapazas.
Os cadetes do Voleibol Dumbria venceron por 1-3 (12-25/25-22/24-26/15-25 ) ante Calasancias nun partido basteante disputado no tramo central do encontro ata que os dumbrieses acertaron no remate.
Os infantis do Manuela Rial venceron por identico resultado 1-3 (15-25/25-21/19-25/15-25) ante Calasancias nun partido que foron superiores no remate.
As derrotas foron para as cadetes con claridade 3-0 (25-8/25-11/25-5) e as infantis por 3-1 (25-22/25-21/19-25/25-21) nun partido moi disputado onde as nosas non superon competir nos tramos finais de cada set.
Este sabado en Dumbria:
10:30 h Infantil femenino Manuela Rial - Liceo La Paz
10:30 h Cadete masculino Voleibol Dumbria - IES Ames
12:00 h Cadete femenino Voleibol Dumbria - Liceo La Paz
12:00 h Infantil masculino Manuela Rial - Rianxo
Os máis pequenos xogaran outra xornada de concentracion o sabado pola maña en Noia.

miércoles, 16 de enero de 2013

Victoria dos cadetes de Voleibol Dumbria ante o Emevé de Lugo.

No quintuple enfrentamento cos lucenses do Emevé a única victoria dos
da bisbarra foi do equipo Cadete masculino do Voleibol Dumbria que
venceu por 3-1 (25 -13,23-25, 26-24, 25-12). Despois dunha ventaxa
clara no primer set o segundo e tercer foron moi disputados
repartindose un cada equipo. No derradeiro set a superioridade foi
manifesta.
Os infantis do Manuela Rial Mouzo perderón no tie break ante o Emevé
por 2-3 (14-25, 25-22, 19-25, 25-21, 13-15). Enfrentabanse o 1º e 2º
clasificado e o partido despois de varias alternativas decidiuse no 5º
set onde os nosos levaban unha clara ventaxa no marcador que
remontaron os lucenses cun saque potente que non superon repostar.
Pese a derrota o equipo continua lider por me´llor average.
No resto de partidos a superioridade das visitantes foi clara e
venceron sen demasiada oposición agas os xuvenis que plantaron cara
naghunas fases do encontro
.(Juvenil masculino) Voleibol Dumbria - Emevé 1-3 (25-27,18-25,25-19, 19-25)
(Infantil femenino) Manuela Rial Mouzo - Emevé 0-3(9-25, 9- 25, 15- 25)
(Cadete femenino)Voleibol Dumbria - Emevé 0-3 (10-25, 12- 25, 22- 25 )

Este sabado visitan A Coruña para enfentarse a Calasancias:
Cadete masculino e femenino 16:30 h Calasancias-Voleibol Dumbria
Infantil masculino e femenino  18:30 h Calasancias- Manuela Rial
Comeza a liga dos máis pequenos en Noia a modo de concentración o
sabado pola maña enfrentandose a Padron, Rianxo, Ames, Boiro....