miércoles, 30 de enero de 2013

O infantil afianza o liderato

 
O equipo infantil masculino do Manuela Rial acadou unha comoda victoria ante Rianxo pese a escasez de efectivos polas lesións de varios xogadores por 3-0 (25-12/25-9/25-11), pero a noticia estivo na sorprendente derrota do segundo que afianza o equipo ceense coma lider da categoria cunha ventaxa que pode ser importante.
Victoria dos cadetes do Voleibol Dumbria ante o Ames por 3-0 (25-20/25-21/25-18) nun partido no que os dumbrieses apretaron nos momentos decisivos do set.
As rapazas enfrentabanse nestas ultimas xornadas os equipos máis fortes da liga e o estan padecendo con serias derrotas. O infantil femenino perdeu 0-3 (9-25/8-25/8-25) e o cadete femenino por 0-3 (7-25/7-25/16-25) ante Liceo. A partir desta xornada comeza a xogar cos equipos da súa liga e esperemos que melloren os resultados.
Este fin de semana os chicos desprazanse a San Sadurniño e as rapazas a Cambados.
Sabado 2
15:30 h Cadete Masculino Sansa-Voleibol Dumbria
19:30 h Xuvenil Masculino Sansa-Voleibol Dumbria
Domingo 3
10:30 h Infantil femenino Cambados- Manuela Rial
12:00 h Cadetel femenino Cambados- Voleibol Dumbria
Nas categorias inferiores os equipos do Manuela Rial benxamin e alevin acadaron un pleno de victorias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario