miércoles, 16 de enero de 2013

Victoria dos cadetes de Voleibol Dumbria ante o Emevé de Lugo.

No quintuple enfrentamento cos lucenses do Emevé a única victoria dos
da bisbarra foi do equipo Cadete masculino do Voleibol Dumbria que
venceu por 3-1 (25 -13,23-25, 26-24, 25-12). Despois dunha ventaxa
clara no primer set o segundo e tercer foron moi disputados
repartindose un cada equipo. No derradeiro set a superioridade foi
manifesta.
Os infantis do Manuela Rial Mouzo perderón no tie break ante o Emevé
por 2-3 (14-25, 25-22, 19-25, 25-21, 13-15). Enfrentabanse o 1º e 2º
clasificado e o partido despois de varias alternativas decidiuse no 5º
set onde os nosos levaban unha clara ventaxa no marcador que
remontaron os lucenses cun saque potente que non superon repostar.
Pese a derrota o equipo continua lider por me´llor average.
No resto de partidos a superioridade das visitantes foi clara e
venceron sen demasiada oposición agas os xuvenis que plantaron cara
naghunas fases do encontro
.(Juvenil masculino) Voleibol Dumbria - Emevé 1-3 (25-27,18-25,25-19, 19-25)
(Infantil femenino) Manuela Rial Mouzo - Emevé 0-3(9-25, 9- 25, 15- 25)
(Cadete femenino)Voleibol Dumbria - Emevé 0-3 (10-25, 12- 25, 22- 25 )

Este sabado visitan A Coruña para enfentarse a Calasancias:
Cadete masculino e femenino 16:30 h Calasancias-Voleibol Dumbria
Infantil masculino e femenino  18:30 h Calasancias- Manuela Rial
Comeza a liga dos máis pequenos en Noia a modo de concentración o
sabado pola maña enfrentandose a Padron, Rianxo, Ames, Boiro....

No hay comentarios:

Publicar un comentario