miércoles, 16 de mayo de 2012

CAMPIÓNS

O equipo infantil de voleibol do Manuela Rial acadou o campionato galego de voleibol infantil celebrado en Dumbria o vencer na final o Emeve de Lugo.
Pola maña na primeira semifinal venceu o Emeve de Lugo a Calasancias por un claro 3-0 e na outra semifinal enfrentabanse o Teis de Vigo e o Manuela Rial con victoria clara dos ceenses por 3-0 con parciais de 25-7, 25-12, 25-20 no que aproiveito o adestrador local para dar oportunidades os menos habituais.
Pola tarde despois da disputa do 3º e 4º posto que venceu Calasancias nun pavillón con moito e ruidoso publico disputouse a gran final entre Emeve e Manuela Rial.
No primeiro set predominaron os nervos e os erros polos dous bandos, pero a partir da igualdade a 15 cun saque certeiro o equipo ceense aproveito para coller ventaxa e ganar o set. A partir desta victoria no primeiro set xogaron moito mais tranquilos e confirmaron a superioridade amosada na liga regular ó non perder ningún partido e gañaron os dous seguintes sets por 25-12 e proclamaronse campions galegos.
Campionato de España en Guadalaxara
O equipo formado por David Redonda, Manuel Marcote, Xavier Pérez, Manoliño Abuelo, Chema Bermúdez, José Miguel Caamaño, Maikel Cambeiro, Samuel Sambade, Juan Bautista Marcote, Alberto Sampedro e Unai Larrañaga e adestrados por Luis Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga afronta agora o Campionato de España que se celebrará do 20 ó 24 de xuño en Guadalaxara.
Destacar a boa organización do Campionato a cargo do Concello de Dumbria que permitiu que todo saira perfecto.