viernes, 21 de noviembre de 2014

DERROTA DO SENIORS

Primeira derrota do equipo senior do Voleibol Dumbría en segunda división fronte o líder da categoría o CV Noia por 1-3 con parciais de 25-22/17-25/16-25/13-25, nun partido no que en ningún momento do encontro os xogadores da Costa da Morte mostraron o seu mellor nivel de xogo, influenciados quizás pola baixa do seu colocador Manuel Marcote.
Chegaban os 2 equipos invictos ó choque que se disputou o domingo día 16 ás 10:30 no Pavillón Municipal de Dumbría, onde se enfrentaba a xuventude do equipo local e debutante na categoría, fronte a veteranía dun histórico da máxima competición autonómica e favorito ó título.
Adiantabase o equipo dumbriés no primeiro set, onde predominaron os erros sobre os acertos, pero pouco durou a alegría xa que a partir do segundo set, os noieses apretaron no saque facendo errar á recepción do equipo local e dificultando o ataque dumbriés. Esto repetiríase o longo de todo o encontro, e o equipo dumbriés non era quen de atacar con facilidade e tampouco era capaz de frenar os ataques noieses nin no bloqueo nin na defensa dos seus xogadores zagueros.
Así pois haberá que esperar o seguinte encontro, que será o domingo día 30 a partir das 10:00 fronte o CV Boiro, para intentar conseguir unha nova victoria.

Liga Gallega Cadete Masculino

O equipo do Voleibol Dumbría tivo xornada dobre, o sabado perdia 3-0 (25-18/29-27/25-22) con Oleiros e o domingo ganaba 3-0 (25-9/25-8/25-11) a Rianxo. Este equipo non esta a demostrar o potencial do grupo e amosa moitas debilidades que ainda queda tempada para correxir.

Liga Gallega Cadete Femenino

Victoria das cadetes do Voleibol Dumbria no seu desprazamento a Ourense para enfrentarse a Dompa por 0-3 (9-25/15-25/13-25) nun partido no que as dumbriesas foron moi superiores no saque o que decanto o partido claramente.

Liga Gallega Infantil masculino

O equipo do Manuela Rial perdeu ante Oleiros o equipo que lidera a clasificación por 3-0 (25-15/25-6/25-16) nun partido no que os locais foron moi superiores no remate que os nosos non poderon responder.

Liga Gallega Infantil femenino

As pequenas do Manuela Rial perderon o sabado ante Oleiros por 3-0 () e o domingo ante Noia por 3-0 (12-25/9-25/19-25) nun equipo en progresión que esta notando a pouca experiencia das súas xogadoras.

Este domingo no Conco.
10:30 h Cadete femenino Voleibol Dumbria - Emeve
12:00 h Infantil masculino Manuela Rial - Emeve

No hay comentarios:

Publicar un comentario