viernes, 28 de febrero de 2014

TERCERA XORNADA CONSECUTIVA DE PLENO DE VICTORIAS

Continua a boa racha de resultados do voleibol da comarca e por terceira vez consecutiva acadaron triunfos en todos os encontros disputados. Neste caso enfrentabanse o domingo a maña a Rianxo en cadetes e Cambados en infatis.
Cadete masculino Voleibol Dumbria - Rianxo 3-0 (25-13, 25-9, 25-12)
Victoria outra vez máis facil e sen demasiada historia dos cadetes que amosaron a súa superioridade en todas as facetas do xogo.
 Infantil femenino Manuela Rial - Cambados 3-2 (25-21, 25-10, 14-25, 22-25, 15-10)
Máis sofrida foi a victoria das infantis do Manuela Rial ante Cambados despois dun primer set intenso que puderon decantar para o seu lado e dun segundo set facilmente ganado no terceiro baixaron a concentración e pereron o set claramente. No cuarto foron por detras todo o partido pero non puderon achegarse o equipo pontevedres. No set decisivo erraron menos ca equipo contrario e acadaron unha merecid victoria. Destacar o papel de Natalia Lado no servicio e no campo levando o equipo cara adiante nos momentos máis complicados.
Seleccións galegas e pequenos.
Este fin de semana descansa o campionato nas ligas galegas para que as seleccións adestren para preparar o Campionato de España por Seleccións Autonómicas que se celebrara en Valladolid despois de Semana Santa.
A seleción cadete adestrada por Eloy Mahía adestrará en Dumbria os días 2, 3, e 4 de marzo en nela participaran catro xogadores do Voleibol Dumbria: o colocador Manuel Marcote, o receptor David Redonda e os centrais Gabriel Trillo e Marco Lado.
A selección infantil masculina adestrada por Diego Taboada adestrará en Lugo dos días 3, 4 e 5 de marzo e contara coa participación do receptor do Manuela Rial Unai Larrañaga.
Tamen xogarase a 4º xornada a modo concentración das categorias benxamin e alevin en Noia o vindeiro sabado a partir as 10.00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario