sábado, 22 de febrero de 2014

PLENO DE VICTORIAS
Despois da anterior xornada plena de victorias os equipos de voleibol da bisbarra volveron a repetir nesta xornada.
Cadete femenino :
Naron Volea - Voleibol Dumbria 2-3 (25-15/16-25/25-17/20-25/7-15)
San Sadurniño - Voleibol Dumbria 1-3 (25-15/6-25/8-25/12-25 )
Aproveitaron as cadetes a viaxe a terras ferrolanas para asegurar a segunda posición na clasificación con duas victorias; pola maña ante o equipo de Naron nun partido cheo de alternativas que se decidiu no tie-break onde as dumbriesas mostraronse máis acertadas no set final e
pola tarde victoria ante San Sadurniño no que despois dun 1º set a moi baixo nivel despertaron e acadaron a victoria nos seguintes tres set de forma facil baseandose nun potente servicio.
Cadete masculino:
San Sadurniño - Voleibol Dumbria 0-3 (10-25/19-25/12-25 )
Non fallaron os lideres invictos da súa categoria noutro partido sen demasiada complicación para o equipo adestrado por Luis Alberto que bota a faltar un rival que presente máis batalla para poder competir e mellorar.
Xuvenil masculino:
San Sadurniño - Voleibol Dumbria 0-3 (19-25/19-25/15-25 )
Victoria dos xuvenis nun partido máis disputado ca anterior onde o ataque dumbries acadou puntos importantes nos momentos decisivos de cada set.
Infantil femenino:
Manuela Rial - Dompa de Ourense 3-0 (25-19/25-16/25-13)
Victoria das infantis do Manuela Rial ante o colista da categoria no que vendo a superioridade o adestrador aproveito para dar xogo as menos habituais. 
Pequenos en Noia
Xogouse unha nova xordada a modo concentración en Noia cos seguintes resultados: Victorias dos alevins ante Noia e Ames, derrotas das alevins ante Noia e victorias dun dos equipos benxamins ante Lousame e Rianxo e derrotas doutro equipo ante Boiro e Rianxo.

Nova xornada o domingo.

10:30 h Cadete masculino Voleibol Dumbria - Rianxo
12:00 h Infantil femenino Manuela Rial - Cambados

No hay comentarios:

Publicar un comentario