martes, 21 de enero de 2014

2 VICTORIAS E 2 DERROTAS NO INICIO DA 2º VOLTA


Comeza a segunda volta da Liga Galega de Voleibol con duas victorias e outras tantas derrotas.
Infantil masculino: Santa M ª del Mar - Manuela Rial 1 - 3 (25-18/15-25/16-25/19-25)
Empezou o partido con superioridade coruñesa, pero cando os nosos minimizaron o numero de erros e se centraron acadaron unha importante victoria que afasta o equipo rival da loita polo 2º posto. Destacar o acerto de Unai Larrañaga no saque e remate.
Cadete masculino Santa Mª del Mar - Voleibol Dumbria 0 - 3 (6-25/6-25/11-25)
Victoria contundente dos lideres da categoria cadete que amosaron a superioridade que reflexa o marcador no terreo de xogo. Partido facil que aproveito o adestrador dumbries para probar diversas opcións de xogo.
Xuvenil masculino IES Ames - Voleibol Dumbria 3-2 (25-22/19-25/23-25/28-26/20-18) Derrota nun partido axustado que ben podia decidirse para o lado dumbries xa que dispuseron de 4 "bolas de partido" que non superon aproveitar. Os nosos fallaron en defensa e bloqueo, e non fixeron dano co saque.
Infantil femenino Liceo- Manuela Rial 3-0 (25-11/25-14/25-14)
Derrota clara das infantis ante un equipo coruñes moi superior en todalas facetas do xogo.
Este fin de semana os horarios quedan asi:
Sabado 18:
16:30 h Infantil femenino Manuela Rial - Teis
18.00 h Cadete masculino Voleibol Dumbria - Teis
Domingo 19:
10:00 h Cadete femenino CV Santiago - Voleibol Dumbria

No hay comentarios:

Publicar un comentario