miércoles, 19 de octubre de 2011

2º jornada

Victorias do infantil masculino do Manuela Rial
Nunha xornada completa con sete partidos de volei que se disputaron nesta xornada os nosos equipos acadaron 3 victorias e 4 derrotas. Dúas das victorias foron a cargo do equipo infantil masculino do Manuela Rial de forma clara ante Santa Mª del Mar por 3-0 (25-10, 25-16, 25-21) e ante o Emeve de Lugo por  3-1 (25-22, 25-19, 19-25, 25-15). Con estes resultados o equipo colocase coma lider da súa competición.
O equipo cadete masculino do  Voleibol Dumbria acadou a outra victoria ante Santa Mª del Mar por 3-0 (25-19, 25-14, 25-19) nun partido moi claro para os dumbrieses. Este equipo estivo a piques de completar a xornada con outra victoria ante o Emeve de Lugo, pero non pudo rematar a remontada nun partido moi competido que acabo perdendo no ultimo set 2-3 (11-25, 23-25, 25-22, 25-19, 11-15).
No que respecta as chicas no seu enfrentamento cun dos equipos máis fortes de Galicia non puideron conseguir ningunha victoria ante o Emeve de Lugo. As derrotas das infantis e xuvenis foron claras e no caso do cadete femenino do Voleibol Dumbria presentaron batalla nun bo partido  1-3 (24-26, 25-19, 18-25, 17-25).
Xuvenil femenino Voleibol Dumbria-Emeve 0-3 (15-25,19-25,20-25)
 Infantil femenino Manuela Rial--Emeve  0-3 (6-25, 13-25, 16-25)
Na próxima xornada os nosos equipos non xogan xa que se deten a competición por mor de que se celebran xornadas de adestramentos das Seleccións Galegas na que esperamos contar con alguns representantes da nosa bisbarra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario