miércoles, 12 de diciembre de 2012

Derrotas no voleibol

 
Dificil xornada para os nosos ante as de Ourense e os de Vigo. As únicas que estiveron a punto de acadar os puntos foron as infantis do Manuela Rial ante CV Ourense que despois dun arranque frio remontaron no 3º e 4º set e cando tiñan ventaxa no ultimo no aguantaron a presion dos derradeiros puntos e perderon por 2-3 (23-25/20-25/27-25/25-21/15-17).
Por outra parte as cadetes do voleibol Dumbria perderon ante CV Ourense por 0-3 (16-25/12-25/15-25) nun partido na que as ourensans foron moi superiores e dominaron claramente en todos os apartados do encontro.
Perderon tamen os xuvenis do Voleibol Dumbria ante CV Vigo por 0-3 (23-25/13-25/6-25) na que os locais so plantexaron batalla no 1º set.
Este fin de semana xogan en Teis (Vigo) o domingo pola maña.
11:15h Infantil masculinoTeis-Manuela Rial
11:15h Cadete femeninoTeis- Voleibol Dumbria
11:15h Xuvenilmasculino Teis- Voleibol Dumbria
13:00 h Cadete masculino Teis- Voleibol Dumbria
13:00 h Infantil femenino Teis-Manuela Rial

No hay comentarios:

Publicar un comentario