miércoles, 17 de octubre de 2012

Meritorias victorias dos cadetes e infantis no volei

 
O equipo infantil enfrentabase co equipo a priori máis forte da Liga Galega, o Emeve de Lugo, e acadou unha meritoria ainda que moi disputada victoria en terras lucenses. Empezaron moi ben os infantis do Manuela Rial gañando os dous primeiros sets, pero espertaron os lucenses gañando os dous segintes e no derradeiro set demostraron moita seguridade e superon fallar menos co Emeve. 2-3 (17-25/21-25/25-21/25-22/8-15). Con este resultado o equipo é lider da súa clasificación.
Máis facil foi a victoria dos cadetes do Volei Dumbria que se impuseron con claridade a Emeve por un 0-3 (17-25/19-25/19-25 ). Este equipo notou a recuperación de xogadores que faltaron na primeira xornada.
As infantis do Manuela Rial perderon ante un equipo moi superior coma Emeve por 3-0 (25-12/25-14/25-11 ), pese a mellorar no seu xogo respeto a primeira xornada do mismo modo co equipo cadete femenino do Volei Dumbria por 3-0 ( 25-20/25-8/25-13).
Derrota dos xuvenis do Volei Dumbria nun mal partido dos dumbrieses ante Emeve por 3-0 ( ) . Estiveron sempre metidos na disputa do encontro pero faltoulles acerto en moitas fases do encontro.
A vindeira xornada xogan en Dumbria o sabado 20 nos seguintes horarios:
10:30 h
Infantil femenino Manuela Rial- Calasancias
Cadete masculino Volei Dumbria- Calasancias
12:00 h
Cadete femenino Volei Dumbria- Calasancias
Infantil masculino Manuela Rial- Calasancias

No hay comentarios:

Publicar un comentario