miércoles, 10 de octubre de 2012

Victoria dos infatis do Manuela Rial

 
Comezou a tempada de volei cunha victoria e catro derrotas dos equipos de voleibol da bisbarra. A única victoria foi do equipo infantil masculino do Manuela Rial ante Burgas de Ourense por 3-1 (25-12/29-31/25-13/25-19) , equipo totalmente renovado respecto o ano pasado que pese a certos nervos iniciais superon gañar con solvencia.
Os cadetes do Volei Dumbria a piques estiveron de conseguir outra victoria ante Burgas de Ourense, pero perderon por 2-3 (25-19/25-13/22-25/23-25/9-15) nos sets decisivos por fallos na recepción. Este equipo notou a ausencia de varios dos seus componentes titulares.
Os xuvenis do Volei Dumbria debutaron na Liga Galega con derrota por 0-3 (15-25/20-25/21-25). Este equipo esta composto por xuvenis de primer ano maioritariamente e cadetes polo que o seu obxetivo será de xogar e aprender nesta nova categoria.
Nas chicas enfrentabanse as monfortinas de Pinguela, un dos equipos fortes da Liga Galega, e perderon 0-3 en infantis ( 11-25/16-25/14-25) e en cadetes(14-25/18-25/23-25).
Este domingo disputaran a segunda xornada en Lugo:
As 11:00 h
Infantil femenino Emevé-Manuela Rial
Cadete masculino Emevé-Volei Dumbria
As 12:00 h
Infantil masculino Emevé-Manuela Rial
Cadete femenino Emevé-Volei Dumbria
Xuvenil masculino Emevé-Volei Dumbria

No hay comentarios:

Publicar un comentario