miércoles, 24 de octubre de 2012

Victorias dos chicos e derrotas das chicas

 O equipo infantil masculino do Manuela Rial sumou a súa terceira victoria e segue, de momento, sen coñecer a derrota no que vai de tempada. Nun partido no que os coruñeses do Calasancias so apretaron no segundo set o equipo supo amosar a súa superioridade.Manuela Rial- Calasancias 3-0 (25-18, 26-24, 25-21)
Os cadetes do Volei Dumbria tamen foron superiores os coruñeses nun partido ca priori parecia máis axustado e venceron con contundencia por 3-0 (25-17, 25-16, 25-18) nun partido no que destacou o central Javier Domínguez.
As infantis do Manuela Rial estiveron cerca de conseguir tamen a victoria, pero despois de gañar o primeiro set e perder o segundo cando dispoñian dunha ventaxe de seis puntos para gañar o set notaron a falta de experiencia na categoria e perderon o set. No seguinte set non foron capaces de repoñerse e acabaron perdendo o partido.Manuela Rial- Calasancias 1-3 (25-22, 20-25, 25-27, 15-25).
As cadetes do Volei Dumbria tamen ganaron un set nun partido que estivo máis igualado que o que reflicte o marcador final.Volei Dumbria- Calasancias 1-3 (17-25, 25-23, 16-25, 13-25)
Este fin de semana as infatis e cadetes desprazanse o sabado A Coruña contra Liceo 10:00 h e 11:30 respectivamente, e os infantis a Rianxo as 11:30 h.
O domingo xogan os cadetes de Volei Dumbria en Ames as 12:30 h.


No hay comentarios:

Publicar un comentario