miércoles, 28 de noviembre de 2012

Boa semana do voleibol costeiro

 
Tres victoria e unha derrota e o balance deste fin de semana no voleibol da bisbarra.
Os infantis do Manuela Rial continuan invictos despois da súa visita a Santa Mª del Mar de A Coruña nun partido que estivo moi disputado, pero acadaron a victoria grazas o meior rendemento nos puntos decisivos dos sets. Con esta victoria mantense lideres da clasificación da Liga Galega por diante do Emeve. 0-3 (27-29/24-26/21-25).
Victoria clara dos cadetes do Voleibol Dumbria ante Santa Mª del Mar no que adestrador aproveito para dar minutos os xogadores menos habituais en vista da superioridade amosada no campo.0-3 (4-25/18-25/15-25).Desta forma o equipo segue lider ainda cun partido máis cos de Bruxas de Ourense.
Victoria tamen das infantis do Manuela Rial ante San Martiño de Ourense, nun partido na que as xogadoras locais empezaron moi pouco concentradas e perderon o primer set de forma clara e despois amosaron a súa superioridade no servicio no resto do encontro para gañar con facilidade. 3-1 (13-25/25-9/25-17/25-13). Con este resultado as infantis colocanse 8º na clasificación da Liga Galega lonxe dos postos de descenso.
A derrota chegou na categoria cadete femenina ante o Zalaeta lider da clasificación nun partido que pouco puderon facer as nosas ante a superioridade das herculinas. 3-0 (25-7/25-16/25-13) Con esta derrota as xogadoras do Voleibol Dumbria atopanse no posto 11º en postos de promoción para o descenso.
A seguinte xornada xogarase en Dumbria o domingo 2 no seguinte horario:
10.30 h Cadete femenino Voleibol Dumbria -Noia
12:00 h Xuvenil masculino Voleibol Dumbria -Noia

No hay comentarios:

Publicar un comentario